Os bombeiros sufocan un incendio no camarote dun barco que reparaban nun estaleiro de Vigo.
Os equipos de extinción da cidade foron suficientes para facer fronte á situación, que controlaron pouco tempo despois de saltar a alarma.
Ás 9:40 horas de hoxe, o 112 Galicia recibiu as primeiras chamadas que alertaban dun incendio nun barco para reparar nun estaleiro da Avenida Beiramar. Decontado, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencia de Galicia, solicitaron a intervención dos Bombeiros de Vigo, que, pouco tempo despois, lograron controlar a situación sen a necesidade de máis medios. Segundo confirmaron, atallaron a tempo o lume, o que impediu a súa propagación e a reducción dos danos. De feito, soamente afectou a parte do mobiliario do camarote dun barco en reparación.
Ademais, cómpre indicar que, no momento de producirse o incendio, había persoal no interior do estaleiro, pero, afortunadamente, ninguén resultou afectado.
Para a extinción do lume, os bombeiros contaron coa colaboración da Autoridade Portuaria e a Policía Local.
Noticias de última hora en Vigo