Rematada e en funcionamento a senda circular peonil de 6 quilómetros que une Petelos e Tameiga

Dentro da mesma recuperouse o antigo Camiño de Ponteareas
Publicado por o día 04/08/2017 na sección de Galicia,Mos

Rematada e en funcionamento a senda circular peonil de 6 quilómetros que une Petelos e Tameiga

O Concello de Mos xa ten rematada a senda peonil circular que une as parroquias de Petelos e Tameiga e que conta cunha lonxitude total de preto de 6 quilómetros. A obra foi íntegramente financiada con fondos propios municipais.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, xunto co concelleiro mosense de Vías e Obras, Luis Alonso visitaron onte un tramo da nova senda ao seu paso pola parroquia de Tameiga.

Exactamente a Senda Peonil Circular Petelos-Tameiga ten una extensión de 5.792 metros, 2.031 dos cales están formados por unha senda verde pintada sobre o asfalto, outros 3.011 metros son de senda que transcorre por beirarrúa e 750 metros  da senda corresponden a camiño de terra.

Precisamente os representantes municipais Arévalo e Alonso destacaron  esta parte da senda que transita por terra, xa que se trata dun antigo camiño recuperado que os vecinos tiñan moito interese en poder volver a usar. Trátase do Camiño de Ponteareas, que discorre entre arboleda e muros de pedra tradicionais, e que con esta actuación se puxo en valor, xa que estaba invadido pola maleza e non se podía transitar por el, de xeito que os viandantes atravesaban as diferentes fincas colindantes para lograr chegar aos seus destinos. Este camiño sinalizouse acorde coas súas características rurais mediante carteis indicadores de madeira acordes co entorno que se mimetizan con entorno natural.

Ademais dos sinais de madeira instalados no antigo Camiño a Ponteareas a senda circular conta con sinalización en diversos puntos. Así , xunto ao Pavillón Óscar Pereiro colocouse un gran panel informativo e próximamente procederase á instalación doutros dous iguais na Porteliña e xunto á Igrexa de Tameiga. E en ambos puntos colocarase tamén cartelería de madeira. Ademais ao longo de todo o percorrido instalouse sinalización horizontal e vertical que dá preferencia aos peóns para incrementar á súa seguridade viaria, así coma bandas reductoras de velocidade para os vehículos.

Esta senda, pode ser realizada en ambos sentidos, ao tratarse dun traxecto circular. Neste sentido a rexedora local e o edil de Vías e Obras explicaron que “o sendeiro é unha ruta circular que se pode percorrer enteira, para rematar no mesmo punto onde se comenzou o traxecto. Ao longo do sendeiro existen numerosas indicacións que permiten un maior disfrutee comprensión do singular patrimonio natural, cultural e etnográfico do mesmo”.