O Alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, acompañado doutros membros do Goberno e de veciños, visitou as obras de pavimentación de viais nos lugares de Faxil e A Cancela.
Este proxecto contou cun orzamento de 39.875 euros, financiado cunha subvención de 32.955 euros da Consellería de Medio Rural, dentro do Plan Marco 2020-2021 de AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) de mellora de camiños rurais.
Con esta actuación consigueuse unha importante mellora dos viais, que serven para vertebrar a comunicación nestes lugares das parroquias de Agudelo e a Portela. Viais nos que facía moitos anos que non se actuaba e que nalgún caso estaban totalmente desfeitos desde as obras de execución do eixo atlántico ferroviario.
O Goberno municipal investiu máis de 165.000 euros ao longo do 2020 en pavimentar viais nas distintas parroquias do concello para dar seguridade á circulación e mellorar notablemente os accesos aos núcleos de poboación.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.