Rematado o muro de contención fronte á Escola Infantil da Porteliña

Tan só quedan pendentes os traballos de axardinado que serán iniciados mañá mesmo
Publicado por o día 21/05/2018 na sección de Galicia,Mos

Rematado o muro de contención fronte á Escola Infantil da Porteliña

Xa se atopan prácticamente rematadas as obras de acometida dun muro de contención na Porteliña, fronte á Escola Infantil, a falla tan só de que sexan acometidos os labores de axardinamento que darán comezo mañá mesmo.

Estes traballos tiveron un prazo de execución de algo máis dun mes e “constitúen unha importante mellora para a zona da Porteliña, na parroquia de Petelos, xa que o anterior muro carecía dunha cimentación axeitada. E tratábanse dunha demanda veciñal que é xa unha realidade ao darlle resposta o goberno local a esta solicitude da veciñanza. Coa realización desta obra optimízase tamén a seguridade viaria, xa que pola parte superior do muro transcorre un vial” como así o informaron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Vías e Obras, Luis Alonso.

Os primeiros labores que foron necesarios previos á construción do novo muro consistiron na demolición do muro de formigón preexistente por medios mecánicos e de excavación en formación de vaciado, tamén por medios mecánicos, para poder a continuación proceder á construción do novo muro de mampostería.

O devandito novo muro, de 175 metros cadrados, acometeuse tras os traballos de demolición, en pedra rosa Porriño e leva un bordillo de perpiaño. Así mesmo instaláronselle 44 metros lineais de barandilla de protección en aceiro galvanizado.

O orzamento desta obra ascende a 36.396,80 euros financiados con fondos propios municipais. Inclúe un doble muro entre o que se creará unha pequena zona axardinada e cuxos labores de axardinamento se iniciarán mañá, tal e como se comentaba ao principio.