Rematan as clases de jumpverán con notable éxito

Ata fins de agosto poderá seguirse facendo zumba ao aire libre na praza do Corgo.
Publicado por o día 21/08/2020 na sección de Galicia,O Grove

Rematan as clases de jumpverán con notable éxito

As actividades postas en marcha polo Concello do Grove durante este verán —desenvolvidas ao aire libre e coas necesarias medidas de seguridade— conseguiron mobilizar un gran número de persoas cada día na praza do Corgo. No relativo á actividade “jumpverán”, que tiña lugar os luns e os mércores, remata unha semana antes do previsto por motivos persoais do monitor. Non obstante, os martes e os xoves, ata finais de mes, continuarán as clases de zumba no mesmo lugar ás 20.30 horas.

Dende o Concello do Grove incídese na importancia de manter unha boa actividade física para conseguir unha mellor calidade de vida, polo que a oferta deportiva, coas limitacións de seguridade necesarias, continúa na localidade.

Comentar noticia

Your email address will not be published.