Rematan as obras de mellora da accesibilidade na Praia do Muíño en Camposancos

Publicado por o día 20/09/2018 na sección de A Guarda,Galicia

Rematan as obras de mellora da accesibilidade na Praia do Muíño en Camposancos

A pasada semana remataron os traballos de mellora da accesibilidade na Praia do Muíño, consistente na reposición dunha parte da pasarela de acceso á praia, reparación doutro tramo e colocación dun novo tramo ata a zona de aparcamento, conectando estes dous espazos.

A nova pasarela está construída en madeira, contando cun ancho de 1.60 metros e unha lonxitude de 96 metros, unindo o aparcamento e a Praia do Muíño, o areal de maior afluencia na Guarda durante a tempada estival, e tamén unha zona frecuentada ao longo do ano por numerosas persoas para realizar paseos e exercicio físico.

Estas obras de mellora realízanse grazas a unha subvención da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia que se reparte en dúas anualidades 2018 e 2019 cun investimento total de 24,161,10€ IVE incluído.