“Rematemos có escandalo da falla de prazas de residencias públicas de maiores en Vigo” así e o lema que levará a protesta

“Esiximos para este ano 2020, catrocentas novas prazas en residencias públicas para Vigo”. “Esiximos que se cumpra có establecido pola Lei de Dependencia e as persoas dependentes reciban as prestacións a que teñen dereito”.
Publicado por o día 10/03/2020 na sección de CC.OO,Galicia,Protestas,Sindicatos,UGT,Vigo

“Rematemos có escandalo da falla de prazas de residencias públicas de maiores en Vigo” así e o lema que levará a protesta

UXT E CCOO veñen denunciando a deficiente aplicación en Galicia da Lei 39/2006 de dependencia e a implantación da SAAD, garante do dereito que teñen as persoas dependentes a envellecer nunhas condicións materiais xustas, socialmente dignas e sanitariamente adecuadas.

De forma concreta CCOO e UXT están a reclamar a situación de Oferta de Prazas Residenciais para persoas con dependencia recoñecida de Grao II e Grao III na área de Vigo así como das Listas de Espera para ter acceso a unha praza deste tipo. Desde o ano 2009, ano da chegada ao poder do Sr. Feijoo ao goberno Autónomo Galego, a Xunta construíu na área de Vigo CERO prazas de Residencias Públicas, incrementándose a Oferta de Prazas Privadas ata a situación actual, nas que o Sector Privado controla o 80% das prazas existentes.

Segundo o último Informe da Asociación Estatal de Directores e Xerentes en Servizos Sociais, no seu resumo de propostas maniféstase que en 2019 faleceron 31.000 persoas en España sen poder exercer os seus dereitos recoñecidos como persoas en situación de Dependencia, o que supón que máis de 2.000 persoas morreron o ano pasado en Galicia sen recibir a devandita prestación, das cales o 42% foron persoas con Dependencia Recoñecida con Graos II e III. Isto quere dicir que unha MEDIA DE TRES HOMES E MULLERES MORREN CADA DÍA sen percibir este dereito.

CCOO e UXT presentaron o pasado día 18 de decembro unha proposta á Xunta de Galicia, con respecto a esta situación, sendo recibida por Dna. Corina Porro e comprometéndose a dar unha contestación no mes de xaneiro. Nesta proposta propoñíanse entre outras medidas, as seguintes:

1.- Construción a curto prazo de 400 prazas para maiores con Grao de dependencia II e III no Área de Vigo.

2.- Acabar co escándalo das Listas de Espera pasando ao ámbito da Xurisdición Social o incumprimento dos dereitos recoñecidos ás persoas pola Lei de Dependencia.

3.- Mellorar o Servizo de Inspección, tanto nas Residencias de Maiores Públicas como Privadas e mellorar as condicións de traballo do Persoal Sanitario e Asistencial para garantir un nivel adecuado de atención médica así como de benestar dos maiores. Na devandita reunión propuxemos os actuais terreos da Estación de Autobuses con lugar idóneo posible e o modelo de Residencia que recollía o proxecto presentado en 2017 por CCOO para o antigo Hospital Cíes e que non foi suficientemente apoiado pola Administración Autonómica.

A información aparecida en Prensa o pasado 5 de marzo, consistente en converter a Estación de Autobuses nunha Gardería e un Centro de Día Integrado en “un edificio autosuficiente grazas a paneis fotovoltaicos “ con “cuberta transparente” e un xardín interior, Non é resposta adecuada á nosa solicitude.

CCOO e UXT solicitan á Xunta de Galicia, que cumprindo o seu compromiso marquen unha data para reunirnos. UGT e CCOO reafirman a súa proposta de que a Estación de Autobuses destínese, conxuntamente ou non, co uso de Gardería Infantíl, a un Centro Xerontolóxico de Atención Xeriátrica Especializada, acorde coa novo paradigma de EcoHabitat de apoio e Atención Integral a Persoas Maiores, centrado na persoa, orientado ao Benestar e Calidade de Vida , integrado urbanisticamente na cidade e dotado dos máis modernos medios de innovación Xerontolóxica na linea exposta no proxecto, lamentablemente non realizado, de transformación do Hospital Cíes en Centro Xerontolóxico de Atención Especializada.

Concentración e data

Xoves, 12 de marzo, as 11 h. diante da Delegación da Xunta de Galicia (Praza da estrela)

Comentar noticia

Your email address will not be published.