Renato Tapia: “Sempre trato de deixar o 100% e un pouquiño máis no campo”

Publicado por o día 31/07/2020 na sección de 1ª división,Celta,Deportes,Fútbol

Renato Tapia: “Sempre trato de deixar o 100% e un pouquiño máis no campo”

Renato Tapia, primeira fichaxe do RC Celta para a tempada 2020/21, selou no Salón Rexio de A Sede xunto ao presidente Carlos Mouriño o seu novo contrato co club celeste para as próximas catro campañas.

O novo centrocampista do RC Celta chega a Vigo desde o Feyenoord holandés, club no que militou as últimas catro tempadas. Internacional absoluto con Perú, Tapia acumula unha dilatada experiencia co seu combinado nacional.

Durante a firma do seu novo contrato, o novo futbolista celeste mostrouse “moi feliz” e considera que en Vigo “nos sentiremos como en casa”. Ademais, deixou algunhas pílulas sobre a súa forma de afrontar os partidos. “Son temperamental, non me gusta perder e sempre trato de deixar o 100% e un pouquiño máis no campo”, apuntou.

Renato Tapia lucirá o dorsal 14 na súa camiseta.

Comentar noticia

Your email address will not be published.