Reorganizar as liñas e as frecuencias do transporte público proposta do PP

Marnotes lamenta que o actual modelo estea “ancorado nos anos 90”
Publicado por o día 11/09/2019 na sección de Galicia,Partido Popular,Política,Vigo

Reorganizar as liñas e as frecuencias do transporte público proposta do PP

O grupo municipal do Partido Popular expuxo onte algunhas melloras para o servizo de transporte público vigués, cuxo actual modelo, asegurou o seu portavoz, Alfonso Marnotes, está “ancorado nos anos 90” e “está claramente superado”.

Así, expuxo que se dea “máis protagonismo ás persoas usuarias” e regúlese o servizo pensando nas súas experiencias e necesidades; que se amplíen as liñas e frecuencias para atender novas demandas, ou que se reforcen en barrios e parroquias; que se cren nodos de transporte onde se poidan adquirir billetes urbanos e interurbanos, e con información en tempo real; que se aposte por un servizo conectado, coa implantación de novas tecnoloxías; cunha frota sustentable e adaptada á mobilidade eléctrica ou híbrida; e que se revisen as tarifas para “adaptalas á realidade social e económica da cidade”.

Vigo ten unha oportunidade histórica que só se dá unha vez en décadas. O alcalde ten a responsabilidade de facer unha transformación radical dun servizo esencial na cidade, de facer un servizo do século XXI”, sinalou o portavoz ‘popular’, Alfonso Marnotes.