Representación teatral a cargo dos socios e socias do Espazo +60 Afundación de Vigo no Colegio Hogar Afundación

Trátase dunha actividade interxeracional con entrada libre e gratuíta ata completar a capacidade
Publicado por o día 10/06/2019 na sección de Galicia,Vigo

Representación teatral a cargo dos socios e socias do Espazo +60 Afundación de Vigo no Colegio Hogar Afundación

O Espazo +60 de Vigo de Afundación, a Obra Social de ABANCA, organizou varias representacións teatrais como peche do curso 2018-2019 no Colegio Hogar Afundación de Vigo. Estas representacións serán realizadas polas persoas socias que participan nos grupos de teatro. Serán os días 13 e 17 de xuño, de 18.00 a 20.00 h, no Colegio Hogar Afundación de Vigo (Filipinas, 6). A entrada é libre ata completar a capacidade.

O xoves 13 de xuño a representación correrá a cargo do Grupo I de Teatro con tres obras de creación propia: La Vida, Se vende un asno e El convento de Santa Mari Juana.

O luns 17 de xuño a representación realizaraa o Grupo II de Teatro con dúas obras de creación propia: La escuela de Doña Paquita e O te renuevas o te renuevan.

Esta actividade enmárcase dentro do proxecto «O valor da experiencia» da Área de Envellecemento Activo de Afundación, que ten como finalidade ampliar as oportunidades de participación e de contribución social das persoas maiores, aproveitando o seu talento e a súa experiencia vital, a través de programas interxeracionais de voluntariado que beneficien a outros grupos de idade, neste caso, co fin de estimular o interese polo teatro.

Comentar noticia

Your email address will not be published.