Representante de Vigo na final De Tapas por Galicia

Publicado por o día 24/03/2015 na sección de Vigo

Representante de Vigo na final De Tapas por Galicia

– Vigo aposta pola cociña de fusión de Carles Lapuente (La Contenta) na final do certame De Tapas por Galicia.

– O gañador do concurso Vigo Vello participa o día 31 en Santiago na Gala Show Cooking na que competirán os mellores pinchos das sete cidades galegas.

Carles Lapuente, do gastrobar La Contenta, será o representante de Vigo na final do Premio Mellor Cociñeiro de Tapas por Galicia. Turismo de Galicia xunta por primeira vez o próximo 31 de marzo en Santiago aos gañadores dos concursos de tapas das sete cidades. O chef catalán, afincado en Galicia desde hai dous anos, acode á cita na Cidade da Cultura cunha fusión da tradición culinaria galega coa xaponesa e a mediterránea.

Lapuente defenderá a Vigo cun orixinal Crocante de bacallau, marmelo de pemento de Arnoia e parmentier de remolacha e pataca. Nela o produto local (bacallau, marmelada realizada con pementos de temporada, verdura da horta galega) prepárase con técnicas aprendidas polo cociñeiro de La Contenta na súa estadía en restaurantes xaponeses. A mestura de sabores de mar e montaña pon a receita en relación con outra corrente gastronómica de gran importancia, a mediterránea.

O chef de La Contenta formouse na escola Hofmann de Barcelona, foi stagiaire no Celler de Can Roca e é un gran coñecedor das cociñas xaponesa e francesa.

O EVENTO

A cita reunirá sete pratos de pequeno tamaño saídos doutras tantas cociñas innovadoras. Os cociñeiros finalistas porán en práctica as súas receitas no transcurso dunha gala show cooking en directo na que se entregarán tres distincións: o Premio Mellor Cociñeiro De Tapas por Galicia, outorgado por un xurado de expertos do sector; o Especial do Público, decidido polos asistentes ao evento; e o Premio Especial As Tapas Estrella Galicia á creación que mellor combine coas cervexas da firma.

Ademáis de Gonzalo Pérez, no certame participarán Moncho Bargo (Spoom, A Coruña); José Luis Fernández (Tapa Negra, Ourense); Lucía Freitas e Nacho Tierno (A Tafona Casa de Xantar, Santiago); Rubén González e Serio Orge (El Cafetín, Pontevedra); Álvaro Villasante (Paprica, Lugo); e Gonzalo Pérez (Frank, Ferrol).

PRENSA VERSAL COMUNICACIÓN S.L