Representantes das direccións de CCOO e Podemos analizan a situación económica e social de Galicia

Publicado por o día 15/12/2017 na sección de CC.OO,Podemos,Política,Sindicatos

Representantes das direccións de CCOO e Podemos analizan a situación económica e social de Galicia

Comisións Obreiras recibiu esta mañá unha delegación de Podemos-Galicia coa que analizou a situación económica e social do país. Na xuntanza estiveron, en representación da Executiva Nacional do sindicato, o secretario xeral, Ramón Sarmiento, e a secretaria da Muller e Políticas de Igualdade, Mamen Sabio. Pola organización política estiveron a súa secretaria xeral, Carmen Santos, José Manuel Prieto da área de Prensa, María Antonia Trillo da área de Emprego, Manuel Villares do círculo de Emprego e Natalia Prieto, secretaria de Medio Rural.

Algúns dos temas que acometeron nesta xuntanza foron a precariedade laboral, a situación industrial galega, o incremento dos salarios mediante un cambio da normativa da negociación colectiva, a necesidade de dar resposta ao modelo de desenvolvemento do rural en Galicia e o apoio de Podemos á ILP por unha renda mínima que presentaron no Congreso CCOO e UGT.

Así mesmo, a organización política amosou interese en traballar cos sindicatos nunha estratexia propositiva para dar resposta aos problemas sociais e económicos de Galicia desde unha visión de esquerdas.