Representantes institucionais súmanse á petición dunha Lei de Educación Social

Publicado por o día 20/06/2017 na sección de Galicia,Os Ninguéns,Social,Vigo

Representantes institucionais súmanse á petición dunha Lei de Educación Social

“Hoxe entregáronse por rexistro na Xunta de Galicia 43 cartas-solicitude por unha Lei de Educación Social, campaña promovida por CEESG (colexio de educadores e educadoras sociais de Galicia).

Varios representantes institucionais apoiaron a proposta e acudiron persoalmente a presentar as súas solicitudes: Rubén Pérez, concelleiro de Marea de Vigo, Marga L Barreiro, concelleira de Marea de Vigo, Alexandra Fernández, deputada de En Marea no Congreso, Xosé Lois Jácome, concelleiro de Marea de Vigo,

Desculparon a súa ausencia por motivos de axenda pero apoiaron igualmente a iniciativa presentando a súa carta-proposta dunha Lei de Educación social: Eva Solla, Vicepresidenta do Parlamento e deputada autonómica de En Marea, e Antón Sánchez, deputado autonómico de En Marea.

Acompañaron nesta presentación, Antón Bouzas, membro da Xunta de Goberno do CEESG e presidente de Os Ninguéns.

A finais do ano pasado comezaba a campaña #PorunaleydeEducaciónSocial, coa pretensión de facer chegar ao Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade milleiros de peticións solicitando a creación dunha lei de regularización dá profesión de Educación Social, e chamar así a atención sobre a importancia desta profesión ante a administración pública e ante a sociedade. O acto simbólico de hoxe foi un paso máis da devandita campaña, que leva aglutinado xa un forte apoio da sociedade civil, pero tamén de persoeiros políticos e culturais relevantes.

Os Ninguéns anima a todas a seguir colaborando coas compañeiras do CEESG e continuar enviando solicitudes, a través de http://ceesg.org/novas/1186/campana-porunaleydeeducacionsocial-copia-das-solicitudes, e agradecemos o apoio prestado polos representantes políticos que achegaron o seu compromiso con esta iniciativa sociocultural.”