Rescatadas dúas nenas nunha zona acantilada na Praia de Pragueira en Sanxenxo

Por o 19/04/2019 | Sección: Sucesos
Rescatadas dúas nenas nunha zona acantilada na Praia de Pragueira en Sanxenxo

A subida da marea nunha zona acantilada foi a causa pola que dúas menores, que pasaban a tarde na Praia de Pragueira, en Sanxenxo, tivesen que ser rescatadas ao non poder volver a terra.

Foi a chamada dunha persoa particular ás 16:00 horas a que alertou dos feitos aos xestores do 112 Galicia. Segundo a información facilitada, as rapazas foron sorprendidas pola subida do nivel da auga na zona na que estaban, o que impedía que puidesen abandonar o lugar.

De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia púxose en marcha un operativo que contou coa colaboración do Servizo de Gardacostas de Galicia, dos efectivos de Salvamento Marítimo, da Garda Civil de Pontevedra, da Policía Local e dos membros do GES e do Servizo de Emerxencias da localidade. Tamén, avisouse ao 061-Urxencias Sanitarias por se fose necesaria a súa intervención.

Afortunadamente, a pesar de tratarse dunha zona de difícil acceso, ambas puideron ser rescatadas polos servizos de emerxencia e ser trasladadas por unha embarcación ao porto de Portonovo en bo estado de saúde.

Comentar noticia

Your email address will not be published.