Dúas persoas resultaron feridas de consideración tras caer cun vehículo por un barranco cando circulaban pola A-52, no concello da Cañiza.
O accidente ocorreu ás 16:45 horas, cando un dos ocupantes do turismo chamaba ao 112 Galicia para alertar do suceso. Indicaba que acababan de ter un accidente e, ademais, atopabanse feridos.
Nada mais recibir o aviso, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, púxose en marcha un operativo no que participaba o 061-Urxencias Sanitarias, os Bombeiros de Ponteareas e os axentes da Garda Civil de Tráfico. De igual xeito, alertouse aos Bombeiros do Baixo Miño e aos membros de GES de Ribadavia. Debido ás lesións dos ocupantes, os servizos sanitarios desprazaban a aeronave medicalizado con base en Ourense, aínda que finalmente non foi necesario trasladar a ningún ferido por este medio.
Unha vez rescatados, os servizos de emerxencia informaron ao 112 Galicia que finalmente, non foi preciso o uso do material de excarceración. Ademais, os feridos foron rescatados en padiola, e posteriormente, trasladados ata onde se atopaba o persoal sanitario.
Feridos en Rois
Unha saída de vía rexistrada as 15:45 horas desta tarde no concello coruñés de Rois, concretamente na AC-300 entre Chave de Ponte e Sisto, deixa dúas persoas feridas.
No mesmo momento que tivo constancia do accidente, os xestores do 112 Galicia alertaban ao 061-Urxencias Sanitarias, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e aos membros do GES de Brión. Ademais, informouse ao GES de Padrón.
Segundo puido saber o 112 Galicia, os ocupantes do turismo foron trasladados polo persoal sanitario ao Hospital HM Rosaleda.
Trasladado por inhalación de fume un menor ao incendiarse a campá extractora na Coruña
Un menor de idade tivo que ser trasladado esta tarde ao Centro Hospital Universitario da Coruña despois de que ardese a campá extractora dunha vivenda situada na Praza da Branca Quiroga, no concello da Coruña.
Sucedeu ao fío das 15:45 horas, cando un particular alertaba do incendio ao 112 Galicia. A partir de aí, desde o 112 Galicia se requiriu a intervención dos servizos sanitarios, dos Bombeiros da Coruña, e dos axentes da Policía Local da localidade.
Unha vez extinguido o lume, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento da Coruña extinguiron o lume, confirmaron o traslado do menor polo persoal sanitario.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.