Dúas persoas foron rescatadas tras declararse un incendio nunha embarcación fondeada na contorna do Faro de Mera, en Oleiros.
Foi un veciño quen se decatou do lume e chamou ás 12:40 horas ao 112 Galicia por se había persoas no interior. Efectivamente, había dúas persoas que foron rescatadas polos membros do servizo de vixilancia de praias e trasladadas ao Porto da Coruña en perfecto estado de saúde.
Igualmente, desde o 112, pasouse aviso a Salvamento Marítimo que enviou medios á zona e aos Bombeiros de Arteixo e efectivos do Servizo Municipal de Emerxencias de Oleiros.
Noticias de última hora en Vigo