Un home quedou atrapado no interior dun turismo que envorcou e bateu contra un poste na contorna da Igrexa de Pantín, en Valdoviño.
O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso ás 5:30 horas desta madrugada mediante a chamada de alerta dunha testemuña do accidente que pedía axuda para o condutor atrapado na AC-566. Así, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112, solicitouse a intervención dos membros do GES de Mugardos e dos Bombeiros de Ferrol, que, finalmente, liberaron ao condutor.
Unha vez fóra do vehículo, o ferido foi evacuado nunha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias ao complexo hospitalario de referencia.
Ademais, como consecuencia do impacto, resultou danado un poste e os cables quedaron colgando. Por iso, desde o 112 tamén se pediu a colaboración dos técnicos da empresa subministradora da electricidade e da telefonía co fin de recompoñer o poste e restablecer as condicións de seguridade na vía.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.