Rescatado o corpo dun home que apareceu flotando no río en Allariz

Publicado por o día 08/07/2020 na sección de Galicia,Sucesos

Rescatado o corpo dun home que apareceu flotando no río en Allariz

Os servizos de emerxencias recuperaron preto desta medianoite o corpo sen vida dun home que apareceu flotando no Río Arnoia, no municipio ourensán de Allariz.

Ás 21:00 horas, os profesionais sanitarios informaban ao 112 Galicia da presenza dun varón, posiblemente sen vida, aboiando nun punto pouco profundo deste entorno fluvial.

Decontado, púxose en marcha un operativo formado polos Bombeiros de Xinzo de Limia, axentes da Garda Civil e voluntarios de Protección Civil da localidade. Ademais, avisouse do sucedido á Policía Local.

Finalmente, os efectivos de intervención sacaron o corpo do río e o puxeron a disposición das autoridades xudiciais para tratar de esclarecer as causas do suceso.

Comentar noticia

Your email address will not be published.