Rescatado un corpo flotando no Río Lérez, en Pontevedra

Publicado por o día 13/09/2018 na sección de Galicia,Pontevedra,Sucesos

Rescatado un corpo flotando no Río Lérez, en Pontevedra

Os Bombeiros de Pontevedra veñen de rescatar un corpo que apareceu flotando nas augas do Río Lérez, entre a Ponte dos Tirantes e a súa desembocadura.

Foi un veciño quen pasadas as oito desta mañá observou o corpo aboiado na auga e decontado chamou ao 112 Galicia para alertar. A partir de aí, activouse un operativo no que, ademais dos efectivos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Pontevedra, participaron os axentes da Policía Nacional e Local, así como os profesionais sanitarios.

Pola súa banda, o equipo do 061-Urxencias Sanitarias desprazado no lugar dos feitos confirmou o falecemento da persoa. De momento, descoñécense as circunstancias da morte.