Rescatado un grupo de persoas tras perderse nunha pista forestal en Ortigueira

Por o 19/04/2019 | Sección: Sucesos
Rescatado un grupo de persoas tras perderse nunha pista forestal en Ortigueira

Un grupo de seis persoas que viaxaban en dous turismos – catro adultos e dous nenos – foron rescatados na madrugada de hoxe despois de perderse nunha pista forestal na parroquia coruñesa de San Salvador de Couzadoiro, mentres intentaban atopar a localización dunha casa rural.

Ao fío das 23:30 horas da noite de onte, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia recibiu a chamada dun particular solicitando axuda. No seu relato indicaba que o grupo, seguindo as indicacións do GPS, perdeuse nunha pista forestal e acabou impedido de seguir o traxecto ao atoparse entre un río e un tramo de costa esvaradío.

Decontado, os xestores do 112 Galicia deron indicacións ao comunicante para o envío mediante mensaxe de Whatsapp das coordenadas da súa localización e así facilitar a chegada os servizos de emerxencias.

Con estes datos, desde o CIAE 112 Galicia, informouse aos axentes da Garda Civil e Garda Civil de Tráfico, ao GES de Ortigueira e aos membros de Protección Civil da localidade.

De esta forma, poucos minutos despois da 01:00 hora da madrugada de hoxe, os axentes da Garda Civil localizaron os turismos. Pese ao susto, os ocupantes atopábanse ben e lograron seguir tras sacar un dos vehículos. O outro coche foi liberado posteriormente.

Comentar noticia

Your email address will not be published.