Rescatado un mozo que caeu nun burato cando escapaba da Policía

Publicado por o día 07/09/2018 na sección de Sucesos

Rescatado un mozo que caeu nun burato cando escapaba da Policía

Un mozo foi rescatado esta madrugada tras caer nun burato cando escapaba da Policía en Santiago. Así o confirmaron os compañeiros do ferido a través dunha chamada de urxencia ao 112 Galicia, á 1:40 horas de hoxe.

Decontado, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisou aos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias e aos bombeiros da cidade, que procederon ao rescate do mozo. Unha vez a salvo, foi atendido polos servizos sanitarios de urxencia debido a que presentaba algunha ferida e queixábase de dor nunha perna.

A caída do rapaz produciuse na Praza da Mercé de Conxo, onde os mozos reuníranse para facer botellón. Ao seren sorprendidos pola Policía trataron de escapar, pero un deles caeu por un burato do que os compañeiros eran incapaces de sacalo e chamaron ao 112.