Rescatado un mozo que caeu por un desnivel no Porto de Caión, na Laracha

Publicado por o día 08/09/2018 na sección de Sucesos

Rescatado un mozo que caeu por un desnivel no Porto de Caión, na Laracha

Os servizos de emerxencia rescataron a pasada noite a un mozo que resultou ferido ao caer por un desnivel na Laracha, concretamente no Porto de Caión. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Carballo levaron a cabo o rescate do mozo con cordas e unha padiola.

O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido a través da alerta dunha persoa particular ao fío das 3:30 horas. Indicaba no seu relato que unha persoa caera nunha furna e solicitaba medios de rescate.

Acto seguido, desde o 112 Galicia pasouse o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil, a Protección Civil e aos Bombeiros de Carballo.

Unha vez rescatado, os efectivos sanitarios atenderon ao mozo nunha ambulancia.