Rescatados os catro tripulantes ingleses dun veleiro que naufragou en Cariño

Publicado por o día 15/09/2019 na sección de Sucesos

Rescatados os catro tripulantes ingleses dun veleiro que naufragou en Cariño

A tripulación dun veleiro que naufragou a pasada noite na costa de Cariño foi rescatada por unha embarcación de Salvamento Marítimo. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, catro persoas de nacionalidade inglesa navegaban no barco e unha delas precisou asistencia médica despois de recibir un golpe.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ás 23:05 horas a través do persoal de Salvamento Marítimo. Nada máis recibir o aviso, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil e da Policía Local.


No operativo de rescate tamén participou o Servizo de Gardacostas de Galicia, que mobilizou ata a zona do naufraxio ao helicóptero PESCA-II.

Finalmente, os catro tripulantes da embarcación foron evacuados na Salvamar Shaula ao porto da localidade, onde o único ferido foi atendido polos servizos sanitarios e trasladado a un centro hospitalario.

Comentar noticia

Your email address will not be published.