Rescatan a dúas persoas, unha delas por auxiliar a unha moza que caeu á auga no Peirao de Vigo

Publicado por o día 01/11/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Rescatan a dúas persoas, unha delas por auxiliar a unha moza que caeu á auga no Peirao de Vigo

Unha embarcación de Salvamento rescatou esta madrugada a dúas persoas caídas na auga no Peirao de Vigo.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, unha moza caeu á auga, na zona do Náutico,  e un compañeiro tirouse para auxiliala. Así o relataba o alertante cando chamou ao 112 Galicia sobre as 02:30 horas, para pedir axuda.

De inmediato, os xestores de emerxencias puxeron en alerta a Salvamento Marítimo e ao Servizo de GardaCostas de Galicia. Así mesmo, informaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos axentes da Garda Civil, Policía Nacional, Local e á Autoridade Portuaria.

Finalmente, os dous mozos foron rescatados da auga por unha embarcación de Salvamento. Só un deles precisou ser evacuado polos servizos sanitarios.