Rescatan a un can que caeu á auga no Peirao de Foz, en Lugo

Publicado por o día 05/11/2019 na sección de Sucesos

Rescatan a un can que caeu á auga no Peirao de Foz, en Lugo

Un can foi rescatado na noite de onte despois de caerse á auga no embarcadoiro do concello lucense de Foz.

Ás 21:00 horas, axentes da Garda Civil puxéronse en contacto co 112 Galicia para solicitar colaboración para acceder ao animal que caera nun buraco e non era capaz de saír polos seus propios medios.

Tras recibir a alerta, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE), púxose a situación en coñecemento dos Bombeiros de Barreiros, dos membros do GES de Cervo e de Protección Civil da localidade.

Unha vez no lugar do incidente, os servizos de emerxencia puideron realizar o rescate do animal que, pese a presentar síntomas de hipotermia, atopábase ben.