Rescatan a un home que quedou atrapado nunha zona de difícil acceso ao caer por un terraplén en Cervantes

Publicado por o día 05/06/2019 na sección de Sucesos

Rescatan a un home que quedou atrapado nunha zona de difícil acceso ao caer por un terraplén en Cervantes

Os servizos de emerxencia desprazáronse a pasada tarde a Vilasante, en Cervantes, para rescatar a un home que rematou atrapado nunha zona de difícil acceso despois de caer por un desnivel duns tres metros.

O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido a través da chamada de alerta dunha persoa particular ao fío das 18:40 horas.

Ata o lugar dos feitos achegáronse, tras ser alertados polos xestores do 112 Galicia, os efectivos do GES de Becerreá, os voluntarios de Protección Civil de Cervantes, os Bombeiros de Sarria, os axentes da Garda Civil e persoal sanitario.

Deste xeito, os efectivos de emerxencias internáronse na maleza e cortaron a abundante vexetación na que quedou atrapado o home.

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, unha vez liberado e rescatado, o servizo sanitario evacuou ao varón ao redor das 20:00 horas a un centro médico.

Comentar noticia

Your email address will not be published.