Rescatan a unha muller de idade avanzada que caeu por un desnivel de catro metros ao río Lagares, en Vigo

Publicado por o día 03/10/2018 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Rescatan a unha muller de idade avanzada que caeu por un desnivel de catro metros ao río Lagares, en Vigo

Os servizos de emerxencia rescataron en Vigo a unha muller octoxenaria que caeu por un desnivel de catro metros e rematou no río Lagares. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, a señora tivo que ser trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido ás 17:25 horas, a través da chamada dunha persoa particular e, nada máis recibir o aviso, os xestores do 112 Galicia requiriron a intervención do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros de Vigo e da Policía Local.