Rescatan da auga a un surfeiro na praia de Punta Penencia, en Ferrol

Publicado por o día 29/08/2019 na sección de Sucesos

Rescatan da auga a un surfeiro na praia de Punta Penencia, en Ferrol

Un surfeiro foi rescatado da auga onte na praia de Punta Penencia, en Ferrol. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, tras recibir  os primeiros auxilios dos socorristas no areal, o home foi trasladado polos servizos sanitarios a un centro médico.

Os feitos ocorreron ao fío das 17:30 horas. Nese momento, o persoal de salvamento da praia contactaba co 112 Galicia para solicitar asistencia médica.

Así, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061.