Rescate dunha persona no monte do Salgueiral

Publicado por o día 31/07/2020 na sección de Galicia,Pontevedra,Sucesos

Rescate dunha persona no monte do Salgueiral

Sobre as 22:30 horas de onte recíbese na Xefatura da Policía Local de Pontevedra o requirimento, por parte do Corpo de Policía Nacional, para sumarse a un operativo de procura dunha persoa que desaparecida no Monte do Salgueiral.

Trátase dun home de 62 anos de idade, veciño de Santander e que, na actualidade estaba a convivir cun irmán, veciño de Vilarchán. Esta persoa ten dificultades de mobilidade, é diabética e, segundo a súa última comunicación cun familiar por vía telefónica, atopábase perdido no monte, sen saber regresar e con dificultades para camiñar.

Coa axuda dos veciños coñecedores da zona (aproximadamente 30), patrullas do Corpo Nacional de Policía ,así como patrullas de Policía Local de Pontevedra, bombeiros (con equipos de cámara térmica) e ambulancia, levouse a cabo un operativo de procura A zona de procura presentaba dificultades de acceso, zona forestal de vexetación densa, e sen cobertura telefónica e de radiotelecomunicacións, polo que se coordinou equipos de policía con varios veciños para comezar o rastrexo por distintas zonas.

Sobre as 23:40 horas, un equipo de policía local e veciños, logran atopar ao home nun campo próximo ao rio Almofrei, en bo estado de saúde, pero con dificultades de mobilidade (esta persoa é diabética u non tomara a medicación) . Un dos policías que atopou a esta persoa desprazouse ata un punto de cobertura para dar aviso ao resto dos equipos. Un equipo de bombeiros e 061 desprazáronse ao lugar do achado e coa axuda dunha padiola, esta persoa é trasladada a un centro hospitalario.

A rápida intervención dos corpos policiais, nacional e local , así como a axuda inestimable dos veciños logrouse rescatar con vida a esta persoa nunha zona de difícil acceso.

Comentar noticia

Your email address will not be published.