Rexeitan o borrador do plan de estabilización de emprego presentado polo SERGAS

O SERGAS non deu resposta a ningún dos interrogantes que plantexaron as organizacións sindicais.
Publicado por o día 13/01/2017 na sección de CC.OO,Sanidad,Sindicatos,Vigo

Rexeitan o borrador do plan de estabilización de emprego presentado polo SERGAS

CCOO rexeita o borrador presentado por parte do SERGAS aos sindicatos do mal chamado “plan de estabilización”, xa que na Mesa Sectorial en ningún momento se deu resposta aos interrogantes plantexados por CCOO e outros sindicatos:

NON cuantificaron o número total de prazas INTERINAS, SERVIZOS DETERMINADOS e outras PRAZAS ESTRUCTURAIS cubertas de xeito irregular dende hai anos.

CCOO defende unha OPE EXCEPCIONAL con tódalas prazas estructurais, incluíndo as amortizadas dende 2010, e que sexa aberta para todos os que queran opositar.

Comisions defende o estricto cumprimento da Lei, o dereito a estabilizar tódolos contratos irregulares e o dereito a indemnización dos interinos e contratados en fraude de Lei.

CCOO manifiesta que lamenta que se teña que enterar polos medios de comunicación das “ofertas definitivas” do SERGAS. Ao sindicato non lles parece de recibo dar por consumada a postura do SERGAS, cando di que están dispostos a negociar.