Residentes de hospitais españois fórmanse nos quirófanos do Cunqueiro

Os asistentes coñeceron, entre outras, as novas técnicas de láser, as terapias con células nai e a cirurxía de chan pélvico que se realizan no Hospital Álvaro Cunqueiro
Publicado por o día 12/06/2019 na sección de Galicia,Sanidad,Vigo

Residentes de hospitais españois fórmanse nos quirófanos do Cunqueiro

Residentes de hospitais españois participaron nun curso de formación de coloproctoloxía que se impartiu en quirófanos e gabinetes do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI). A formación estivo a cargo de profesionais da Unidade de Coloproctoloxía do servizo de Cirurxía Xeral e Dixestivo.

Durante tres días, 29, 30 e 31 de maio, os residentes que participaron no curso da Asociación Española de Cirurxiáns tiveron sesións prácticas en quirófano pola mañá e pola tarde asistiron a probas diagnósticas en gabinetes de ecografía endoanal, ademais de recibir formación teórica.

Nos quirófanos do Hospital Álvaro Cunqueiro asistiron a intervencións nas que se utilizaron, entre outras, a cirurxía de chan pélvico e técnicas de última xeración como as novas con láser ou as terapias con células nai.

Estes cursos reforzan aínda máis a faceta de formación emprendida na área sanitaria de Vigo, que se enmarca nunha das liñas xerais do Plan Estratéxico 2017-2021, que puxo en marcha a EOXI de Vigo.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.