O Concello do Grove ten realizado un pequeno cambio de pintado no cruce entre a Rúa Rosalía de Castro e Alexandre Bóveda. O problema producido no pasado días derívase da existencia de dúas prazas de aparcamento “en batería” nese punto que, ao ser ocupadas con vehículos de maior longura da estándar dificultaban o xiro dos autobuses. Unha sinxela corrección coa colocación de pivotes para eliminar as referidas prazas, ten solucionado por completo o problema.
Este cambio coincide cos datos facilitados para Policía Local que indican que os cambios realizados coa mellora do primeiro tramo da Rúa Alexandre Bóveda teñen mellorado a fluidez no cruce de Alexandre Bóveda con Luís A. Mestre e nos cruces posteriores. Indícase que no relativo ao cruce de Luís A. Mestre con Avenida de Portugal as retencións que se producen non se teñen incrementado de ningunha maneira.
O Concello continúa avanzando no plan de mobilidade (PMUS) do Grove e a partires de xaneiro poderá contarse con máis datos para seguir avanzando nas melloras que se teñen iniciado. Os primeiros datos constatan que o deseño dun sistema de circulación de sentido único é o que permitirá optimizar o tráfico e solucionar os problemas que se seguen rexistrando en zonas onde inda non se acometeron cambios.
Noticias de última hora en Vigo