Resolución de apoio á igualdade de xenéro entre mulleres e homes, e contra a violencia machista aprobada pola III Asemblea da Coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Público de Pensións

Publicado por o día 14/01/2019 na sección de Social

Resolución de apoio á igualdade de xenéro entre mulleres e homes, e contra a violencia machista aprobada pola III Asemblea da Coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Público de Pensións

A “COORDINADORA ESTATAL POLA DEFENSA DO SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS” (COESPE), quere deixar patente a súa indignación ante unha actitude que observamos en certos ambientes políticos e que consideramos de retroceso total nos avances obtidos na implicación da sociedade ante as desigualdades existentes.

Respecto a igualdade de oportunidades, consideramos que non é necesario facer unha nova lexislación, pero se é IMPRENCISDINBLE unha educación en valores desde o berce, e o respecto total e absoluto DOS DEREITOS HUMANOS E SOCIAIS, con todo o que isto leva implícito.

Por iso e por outras múltiples consideracións, esta Coordinadora lanza un berro de denuncia contra a discriminación racial, social, de xénero…. Á vez que apoia a necesidade de impoñer a IGUALDADE en todos os ámbitos da vida.

Queremos medidas eficaces que impidan en todo o posible, o espectacular incremento de todo tipo de violencias, e en especial o que se exerce cara ás persoas máis vulnerables.

Xa abonda de encartarse de brazos e saír a gardar minutos de silencio… Queremos medidas educativas, económicas, xudiciais e policiais que garantan a nosa protección!