Resulta ferida ao caer desde un andamio cando trataba de rescatar un gato en Vigo

Publicado por o día 09/08/2020 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Resulta ferida ao caer desde un andamio cando trataba de rescatar un gato en Vigo

Unha muller necesitou asistencia sanitaria, este mediodía, despois de precipitarse desde un andamio ao intentar coller o seu gato que se escapara da casa.

Segundo a información facilitada aos xestores do 112 polos equipos de emerxencia, debido á inestabilidade da estrutura usada para tratar de alcanzar ao felino, a muller caeu desde un segundo piso e sufriu diversas lesións.

A solicitude de axuda chegou ao 112 Galicia a través das chamadas de varios particulares que foron testemuñas do incidente ocorrido ás 13:00 horas de hoxe. Dese xeito, desde o Centro Integrado de Emerxencias de Galicia pasouse aviso aos servizos sanitarios, aos axentes da Policía Local e aos membros de Protección Civil da cidade.

Comentar noticia

Your email address will not be published.