Resulta ferida en A Pontenova ao quedarlle unha man atrapada na máquina coa que traballaba

Publicado por o día 04/10/2018 na sección de Sucesos

Resulta ferida en A Pontenova ao quedarlle unha man atrapada na máquina coa que traballaba

Unha muller resultou ferida esta mañá despois de sufrir un accidente na pastelería para a cal traballa, situada na Avenida de José Antonio, no concello lucense da Pontenova.

A muller, no momento de producirse o accidente, moía améndoa nunha máquina, quedándolle unha man atrapada na mesma. Foi precisa a intervención dos membros do GES da localidade para liberar a man da traballadora.

Pasados uns minutos das 11:00 horas, persoal sanitario relataba o acontecido ao 112 Galicia que decontado informou aos Bombeiros de Barreiros e aos membros do GES. Así mesmo, os xestores de emerxencias, solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil e de Protección Civil.

Finalmente, descartouse a intervención dos membros do parque comarcal, posto que, a muller, puido ser liberada polos efectivos do GES. Nada mais ser liberada, unha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias trasladou á ferida ata o centro hospitalario de referencia.