Resulta ferida unha persoa na Fonsagrada ao ser alcanzada por un turismo

Publicado por o día 10/01/2020 na sección de Sucesos

Os servizos sanitarios de urxencia evacuaron a pasada tarde a un home que resultou ferido tras ser alcanzado por un turismo.

Segundo a información recibida no 112 Galicia, a través da chamada de alerta dunha persoa particular, o atropelo produciuse preto das 19:15 horas de onte na Avenida de Galicia, na Fonsagrada.

Nese mesmo intre, o persoal do 112 Galicia informaba do suceso aos Bombeiros de Sarria, por se fose precisa a súa intervención, e aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para asistir á persoa ferida.

Así mesmo, solicitouse a colaboración dos axentes da Garda Civil e Protección Civil da localidade que confirmaron ao 112 Galicia que o equipo sanitario trasladou o home ferido ata o centro hospitalario de referencia.