Resulta ferido ao saltar antes de que envorcase o vehículo gandeiro que manexaba en Brión

Publicado por o d√≠a 09/10/2019 na sección de Sucesos

Resulta ferido ao saltar antes de que envorcase o vehículo gandeiro que manexaba en Brión

Un operario precisou asistencia médica en Brión ao saltar dun vehículo destinado a tarefas gandeiras, concretamente unha carretilla telescópica, uns instantes antes de que a máquina envorcase. Sucedeu na parroquia de Bastavales, uns minutos antes das 11:30 horas.

Unha persoa particular foi quen deu a voz de alarma ao 112 Galicia. Decontado, desde o CIAE 112 Galicia requiriuse a intervenci√≥n de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Polic√≠a Local e da Garda Civil. Ademais, os axentes do 112 Galicia puxeron os feitos en co√Īecemento do GES de Bri√≥n e da Agrupaci√≥n de Voluntarios de Protecci√≥n Civil da localidade.

Comentar noticia

Your email address will not be published.