Un home resultou ferido de gravidade esta mañá despois de sufrir un corte coa motoserra que manexaba.
O accidente ocorreu no lugar de Baredo, en Baiona, onde o home realizaba traballos -coa máquina- nun local da súa propiedade.
Ao fío das 11:30 horas, persoal do 061 informaba ao 112 do suceso. Indicaban, ademais, que debido á gravidade das lesións ocasionadas, un helicóptero medicalizado se desprazaba ata o lugar.
Dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, nada mais ter constancia, informou do suceso á Garda Civil, Policía Local e ao GES de Val Miñor.
O ferido foi trasladado na aeronave ata o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.