Resulta ferido despois de envorcar co seu vehículo tras saírse da vía en Teo

Por o 02/04/2018 | Sección: Sucesos
Resulta ferido despois de envorcar co seu vehículo tras saírse da vía en Teo
Compartir en:

O condutor dun turismo resultou ferido despois de saírse da vía en Teo.

O accidente ocorreu sobre as 04:30 horas desta madrugada, no lugar de Casalonga, en Calo, no termo municipal coruñés de Teo. Foi a esa hora, cando varios particulares poñían en alerta ao 112 Galicia. Segundo informaron, o coche envorcou pero o seu condutor puido saír polos seus propios medios do interior do vehículo. Iso si, foi asistido  polo persoal sanitario no mesmo  punto onde ocorreron os feitos que posteriormente trasladárono  ao centro hospitalario de referencia.

Ademais, no turismo sinistrado viaxaban dous cans dentro dunha gaiola que foi rescatada e recollida polos efectivos do GES de Padrón.

Ao igual que o persoal do 061 Urxencias Sanitarias se desprazou ao lugar nada mais ser alertado polo persoal do 112, os Bombeiros de Ordes, os membros do GES da Estrada e os axentes de Tráfico tamén se desprazaron decontado.

Así mesmo, foron informados do suceso os axentes da Policía Local e de Protección Civil da localidade, os Bombeiros de Santiago e o persoal do servizo de mantemento da estrada que se encargou da limpeza da vía.