Resulta ferido un ciclista despois de ser alcanzado por un turismo en Vigo

Publicado por o día 12/05/2020 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Resulta ferido un ciclista despois de ser alcanzado por un turismo en Vigo

Un ciclista tivo que ser evacuado ao Hospital Povisa esta mañá tras ser alcanzado por un vehículo mentres circulaba pola Rúa Sanjurjo Badia, en Vigo. O accidente produciuse ás 08:00 horas no cruce coa Avenida de Bos Aires.

A esa hora, unha persoa particular chamou ao 112 Galicia para informar dos feitos. Indicaba que o ciclista necesitaba asistencia sanitaria tras ser atropelado por un turismo. Segundo o seu relato, o ferido atopábase liberado e accesible.

De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos axentes da Policía Local. Ademais, avisouse tamén aos Bombeiros de Vigo e aos membros de Protección Civil da localidade.

Comentar noticia

Your email address will not be published.