Resultados finais Eleccións Galegas #25S por provincias

Publicado por o día 25/09/2016 na sección de Eleccións Galegas,Vigo

Resultados finais Eleccións Galegas #25S por provincias

Practicamente terminado o cálculo de votos nas catro provincias, estes son os resultados nas 4 provincias.

PONTEVEDRA

O Partido Popular logra 11 dos 22 deputados en xogo en Pontevedra perdendo pouco máis de 2.000 votos. En Marea con 5 excede ao PSOE con 4 que perde un deputado. O BNG perde 15.000 votos na provincia e 1 deputado. Con 0 queda Cidadáns cun 1,22%, logrando unha sexta posición o partido animalista PACMA.

pontevedra

A CORUÑA

Similar panorama o da Coruña con Pontevedra. O Partido Popular logra os mesmos deputados (11), coa excepción de que mellora resultados sumando máis de 10.000 votos. En segundo lugar En Marea con 5 deputados, os mesmos que o PSOE que perde os mesmos que gañan os populares, dez mil votos. En cuarta posición o BNG mantén os seus dous deputados pero con cinco mil votos menos. Quinta e sexta posición para Cidadáns e PACMA que quedan fóra do Parlamento Galego.

a-coruna

LUGO

En Lugo tanto o Partido Popular (8) como o PSOE (3) perden un deputado, que os recolle ambos En Marea (2). BNG mantén o seu deputado e Cidadáns e PACMA repiten 5º e 6º posto como nas demais provincia sen lograr representación.

lugo

OURENSE

Na provincia de Ourense o PP mellora en 2.000 votos cun deputado máis, sumando en total 9. En segunda posición o PSOE (2), a única que conserva das catro provincia, perdendo aínda así preto de 13.000 votos. Terceiro En Marea con 2 deputados e cuarto BNG cun que conserva o seu deputado. Quinto Democracia Ourensá, sexto Cidadáns e sétimo PACMA non logran representación.

ourense