Resultan ilesos a condutora e os pasaxeiros dun bus escolar que sufriu un accidente en Cuntis

Por o 20/02/2018 | Sección: Sucesos
Resultan ilesos a condutora e os pasaxeiros dun bus escolar que sufriu un accidente en Cuntis
Compartir en:

A condutora e os pasaxeiros dun autobús escolar saíron ilesos despois de caer por un pequeno desnivel o vehículo no que viaxaban.

Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia, o accidente rexistrouse no lugar de Zo, en Cuntis, minutos despois das nove desta mañá, cando o autocar ía cara ao CPI Don Aurelio. Os servizos de emerxencias explicaron que o vehículo caeu por un pequeno terraplén cando manobraba para dar volta.

No interior, ademais da condutora, viaxaba unha coidadora e catro nenos de entre 12 e 15, que se atopan en perfecto estado de saúde. Foron os seus familiares quen se encargaron de recollelos e trasladalos ao centro educativo.

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 pediuse a colaboración das forzas  da orde e dos membros de Protección Civil da localidade.