Retorna a Vigo o Pergamiño Vindel

No transcurso da sinatura do convenio entre Xunta e Universidade de Vigo para a exhibición do manuscrito do século XIII en Vigo, Abel Caballero salientou o “encontro coa nosa propia historia, tradición e cultura” que supón o regreso a Vigo do documento.
Publicado por o día 22/07/2017 na sección de Concello de Vigo,Cultura,Galicia,Vigo

Retorna a Vigo o Pergamiño Vindel

O Pergamiño Vindel contén sete cantigas de amigo de Martín Códax e, en virtude deste acordo, dende o mes de outubro poderá visitarse no Museo do Mar en Vigo. Para Caballero isto permite o “reencontro cunha parte central da cultura en Galicia, España e Europa porque se trata do pergamiño civil con poesía musicada máis antigo na civilización occidental”.

Na súa intervención, o rexedor puxo en valor os “sete séculos de andaina” deste manuscrito orixinal do século XIII que “retorna sete séculos despois porque necesariamente tiña que estar aquí, porque as cantigas falan do mar de Vigo, falan da forma de entender o amor desde Vigo e desde o mar”.

Así mesmo, recoñeceu o labor da Universidade de Vigo a quen felicitou porque conseguir traer á cidade o documento e agradeceu o apoio da Consellería de Cultura, xa que co acordo o Pergamiño Vindel “regresa á súa casa, a Vigo, á ría”, o lugar onde “debe estar e debe quedar”.

Una respuesta para "Retorna a Vigo o Pergamiño Vindel"

  1. Gamela   23/07/2017 at 12:31

    Será a primeira vez que o Museo do Mar sirva para algo… agora todo dependerá do comisario da exposición se sabe ou non aproveitar esta xoia para darlle a volta ao Mar e Ría de Vigo ?

    Pois ata hoxe o único que estamos a ver é a contínua privatización do acceso ao mar sen que ninguén alce a súa voz contra esta expropiación silenciosa do noso mar e da nosa ría ?

    Algúns exemplos do como van roubando día a día o noso mar e o libre acceso ao que debera ser de todos e non só para disfrute de catro ambiciosos!

    https://flic.kr/p/8dLNmz

    https://flic.kr/p/vQcy8E

    https://flic.kr/p/8cN974

    https://flic.kr/p/abnkv8

    https://flic.kr/p/8kkutG

    Sedía meu na illa de San Simón…
    e cercáronme as ondas…
    que grandes son…