Reunión do ministro de Asuntos Exteriores, Alfonso Dastis, e o senador do PP, Miguel Fidalgo, co presidente da Asociación Long Hope

Por o 08/02/2017 | Sección: Partido Popular,Política,Vigo
Reunión do ministro de Asuntos Exteriores, Alfonso Dastis, e o senador do PP, Miguel Fidalgo, co presidente da Asociación Long Hope

O senador do Partido Popular, Miguel Fidalgo participou nunha reunión co Ministro de Asuntos Exteriores e de Cooperación,  Alfonso Dastis,  e o presidente da Asociación Long Hope, Alberto Viñas, para defender o dereito dos mariñeiros que traballaron antes de 1994 en barcos con bandeira noruega e que agora non se lles recoñece dereito a prestación de ningún tipo dese período de cotización.

O Ministro comprometeu a intermediación do Goberno de España para resolver este problema.