Reunión informativa sobre o deslindamento do monte comunal de Atios

Por o 10/02/2017 | Sección: Galicia,Pontevedra,Vigo
Reunión informativa sobre o deslindamento do monte comunal de Atios
Compartir en:

A xunta reitora da comunidade de montes de Atios convoca a todos os afectados polo deslindamento do monte comunal de Atios a unha reunión o vindeiro xoves 16, as 18:00 hs, no Centro Social e Cultural de Atios. Nela trataremos de resolver as dúbidas xurdidas logo de que a Consellería do Medio Rural aprobase a resolución do 3º treito do deslindamento do monte comunal de Atios, que foi publicada no DOGA o pasado 17 de xaneiro.

Nestes días, aqueles propeitarios lindeiros co monte veciñal están recibindo as notificacións persoais nas que se lle comunica a resolución. En caso de non estar conforme coa mesma, dispoñen do prazo dun mes para presentar as alegcións que consideren oportunas. Co obxectivo de axudar aos afectados a interpretar a resolución e resolver as dúbidas que puideran xurdir cos lindes da súa propiedade, a xunta de montes convoca esta reunión informativa, na que estará presente a avogada da comunidade. Disporemos de planos para a consulta das parcelas.

Na páxina web www.pedraquefala.gal dispoñen de toda a información sobre o proceso de deslindamento do monte comunal de Atios, que, debido á súa lonxitude e complexidade, levouse a cabo en tres fases. Coa resolución deste terceiro treito ponse fin ao deslindamento. Con todo, a Consellería debe resolver aínda os recursos de reposición presentados contra a resolución da 1ª e 2ª fase.