Reunións en Santo André de Xeve e Verducido para informar sobre os mundiais de tríatlon

Dende o luns, a Casa da Luz acolle os cursos de inglés para hostalería
Publicado por o día 04/04/2019 na sección de Galicia,Pontevedra

Reunións en Santo André de Xeve e Verducido para informar sobre os mundiais de tríatlon

O Concello de Pontevedra segue a manter nestas semanas encontros veciñais para explicar pormenorizadamente os percorridos dos campionatos do mundo de tríatlon que se celebrarán na cidade do 26 de abril a 5 de maio. Onte foi no Teleclub de Santo André de Xeve, e hoxe pola tarde, ás 20.30 horas, será no Local social de Verducido.

Aos encontros asisten a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, a concelleira delegada do rural, Pilar Comesaña e o portavoz da Policía Local, Manuel Omil, que ademais de explicar os percorridos das probas que afectan ás parroquias, tamén piden a colaboración dos veciños para participar activamente nos campionatos.

Cursos de inglés

Ademais, este luns comezaron os cursos de inglés para o hostalería da cidade que se están a desenvolver de xeito intensivo, de mañá e tarde, na Casa da Luz. O propósito é ofrecer a mellor atención a todos e todas as visitantes que estean en Pontevedra a final de mes.

Comentar noticia

Your email address will not be published.