O alcalde continúa a súa rolda de contactos con diferentes colectivos da cidade para presentarlles a “importancia” que ten neste momento para Vigo a decisión que se vaia a tomar sobre o AVE porque, segundo sinalou “ou o tren arranca agora ou Vigo quedará para sempre sen tren de alta velocidade”, criticando que o Goberno central teña paralizada o informe de impacto ambiental sobre o trazado por Cercedo.
Tras o encontro mantido con representantes de CCOO con que dixo que “comparten” a visión do Concello, Caballero explicou que, sen o trazado por Cercedo, Vigo “con medio millón de persoas na súa Área Metropolitana” terá que ir coller o AVE a Santiago, facendo “100 quilómetros para atrás e 100 quilómetros para adiante”, saíndo de Vigo cara Santiago “en dirección contraria” a Madrid e despois dende Santiago a Ourense, de maneira que os pasaxeiros afrontan “case 200 quilómetros” dun traxecto que por estrada é de 94.
Noticias de última hora en Vigo