O rexedor celebra o “gran obxectivo” do millón de pasaxeiros e garante o mantemento dos apoios ao aeroporto

No acumulado do ano, Peinador pechou novembro ás portas do millón do pasaxeiros, un “gran obxectivo” que debe estar xa a estas alturas de decembro “conseguido”, en verbas do alcalde, quen asegurou o mantemento dos apoios para facer do vigués “un gran aeroporto de España”
Publicado por o día 13/12/2017 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O rexedor celebra o “gran obxectivo” do millón de pasaxeiros e garante o mantemento dos apoios ao aeroporto

No acumulado do ano, Peinador pechou novembro ás portas do millón do pasaxeiros, un “gran obxectivo” que debe estar xa a estas alturas de decembro “conseguido”, en verbas do alcalde, quen asegurou o mantemento dos apoios para facer do vigués “un gran aeroporto de España”.

Abel Caballero valorou este mércores os datos rexistrados polo aeroporto tanto no pasado mes de novembro como no acumulado do 2017, celebrando que Vigo retorne a cifras superiores ao millón de pasaxeiros anuais.

En novembro, a terminal viguesa foi a que máis creceu de Galicia, con 15,9% máis de viaxeiros sobre o mesmo mes do pasado ano, polo incremento do 11,3% do aeródromo herculino e do 8% do compostelá. No total do 2017, Vigo pechou novembro con 993.793 pasaxeiros.

“O aeroporto de Vigo debe estar xa a estas alturas por riba do millón”, expuxo Abel Caballero, quen celebrou superar este “gran obxectivo” e asegurou o mantemento dos apoios a Peinador que achegan “exclusivamente” o Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra desde o cambio na súa presidencia, segundo puntualizou. A intención municipal é que a terminal viguesa continúe sumando pasaxeiros e facer de Vigo “un gran aeroporto de España”, concluíu o rexedor.