O rexedor convida a toda a cidade a gozar do Petisquiño que será un “gran éxito”

58 establecementos vigueses participan desde hoxe e ata o 19 de novembro na cuarta edición do Concurso de Tapas de Vigo que ofrece gastronomía de calidade e que premiará as mellores propostas.
Publicado por o día 02/11/2017 na sección de Alimentación,Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O rexedor convida a toda a cidade a gozar do Petisquiño que será un “gran éxito”

Na presentación do evento celebrada este xoves, Abel Caballero eloxiou aos profesionais e o sector hostaleiro da cidade pola súa calidade e a aposta polo Petisquiño animándoos a perseverar no seu obxectivo porque “manter o empeño” é clave para o éxito.

Ademais referiuse ao logro do sector ao ser quen de situarse como a “pata adicional” da economía viguesa xunto ao automóbil, o naval e o Porto. Agradeceu aos patrocinadores do evento a súa implicación e esforzo en tempos difíciles e aos 58 establecementos participantes o traballo conxunto para levar adiante a cuarta edición do Petisquiño, unha proposta na que sempre atoparán, dixo, o apoio do Concello.

O rexedor puxo en valor a calidade das tapas que ofrece O Petisquiño e a súa contribución como elemento dinamizador da vida social nunha cidade que cada vez vive máis na rúa, apuntou.

Na presentación participou a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, así como José Domingo González Fernández, vicepresidente de la Federación Provincial de Empresarios de Hostalería de Pontevedra (FEPROHOS), Pati Blanco, de El Corte Inglés de Vigo e representantes dos patrocinadores do evento.