O rexedor destaca a “grande utilidade” do programa de bono taxi, dotado con 25.000 euros

Abel Caballero recibiu este venres a persoas con mobilidade reducida e representantes dos taxistas da cidade para informalos sobre o programa municipal de bono taxi que, cun orzamento de 25.000 euros anuais, concede axudas de entre 100 e 300 euros aos beneficiarios, en función da súa renda
Publicado por o día 16/06/2017 na sección de Concello de Vigo

O rexedor destaca a “grande utilidade” do programa de bono taxi, dotado con 25.000 euros

Abel Caballero recibiu este venres a persoas con mobilidade reducida e representantes dos taxistas da cidade para informalos sobre o programa municipal de bono taxi que, cun orzamento de 25.000 euros anuais, concede axudas de entre 100 e 300 euros aos beneficiarios, en función da súa renda. 

Segundo explicou, son persoas con problemas de mobilidade que non poden empregar o transporte público na súa vida cotiá. Así, puxo en valor o programa por ser de “grande utilidade para persoas con rendas baixas e necesidades de mobilidade” e salientou o labor e profesionalidade dos taxistas que participan no mesmo.